miércoles, 12 de enero de 2011

OBJETIVOS

A fundación é unha casa de acollida para mulleres que están afectadas por enfermidades que lles incapacitan físicamente, que lles disminuie a súa capacidade de autonomía, que non ten teito onde vivir, mulleres en situación de desamparo.
O principal servizo de atención que presta a fundación é o de Casa de Acollida, mediante o cal se asume a responsabilidade sobre o desarrollo integral da residente, garantizándolle a adecuada satisfacción das súas necesidades biológicas, afectivas e socias nun ambiente familiar; así como potenciando experiencias de aprendizaje e acceso ós recursos sociais nas mesmas condicions que calquera persoa.

Dende a súa posta en funcionamento ata agora, pola casa de acollida pasaron un total de 16 mulleres, cada unha de elas cos seus problemas e as súas carencias, dende unha muller de 92 anos, indixentes, mulleres sin teito ata unha nai coa sua filla de 14 meses.
Os obxectivos xerais que comprenden os fins fundacionais son os seguintes:
- A Fundación ten como obxectivo principal acoller e favorecer de forma integral un colectivo da sociedade, como son as mulleres que se encontran nunha situación de desamparo, de exclusión social, dentro dunha visión cristiá da vida e da cultura.
- Como obxectivo social, a creación de estructuras e actividades que faciliten a acollida, a asistencia social, a inclusión social e laboral, a defensa dos dereitos humans, a promoción e atención as mulleres en risco de exclusión por razons físicas, sociais ou culturais; así como a promoción do voluntariado como acción social.

Como obxectivos específicos, plantéxanse os seguintes:
- Mellorar a calidade de vida das residentes.
- Conquerir unha mayor autonomía persoal.
- Lograr a sua integración social
- Lograr a sua integración en programas de formación e no mundo laboral.
- Facer que se sintan útiles.
- Enfatizar a sua labor como colaboradoras no coidado doutras residentes.
- Mellorar as relacions interpersonais.
- Intentar mellorar a sua evolución en canto as suas enfermidades e doenzas.
- Facer que se sintan como unha familia.