lunes, 17 de enero de 2011

OBRADOIROS OCUPACIONAIS





a)       OBRADOIRO DE DEPENDENCIA (AVD: ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA)
Enténdese como un coidado persoal as actividades da vida cotiá básicas, aquelas destrezas para poder vivir en comunidade. Os principias obxectivos deste programa son:
·         Recuperar o sentimiento de utilidade
·         Promover a integración social
·         Facilitar o uso de recursos comunitarios
Actividades:
·         Programa de hixiene persoal
·         Programa de limpeza doméstica e do manexo das actividades do fogar
·         Programa de autocoidados
·         Programa de cociña
·         Programa de habilidades sociais

a)      OBRADOIRO DE ACTIVIDADE FÍSICA

Obxectivos:
·         Recuperar a movilidade da residente
·         Intentar mellorar  a súa evolución en canto ás súas enfermidades e doenzas
Actividades:
·         Táboas de movementos corporais, traballando distintas partes do corpo (brazos, pernas, mans, cintura, pescozo, tronco, etc)

b)     OBRADOIRO DE ACTIVIDADES DE XARDINERÍA / AGRÍCOLAS
Obxectivos:
·         Recuperar el sentimento de utilidade
·         Mellorar as relacións interpersonais
·         Fomentar o traballo en grupo
Actividades:
·         Creación dunha mini horta para abastecemento propio
·         Prantación de árbores frutais e prantas


c)      OBRADOIRO DE RESTAURACIÓN DE MOBLES
Obxectivos:
·         Recuperar o sentimento de utilidade
·         Aprender un oficio
·         Promover a integración no mundo laboral
·         Restauración dos seus propios enseres
Actividades:
·         Proceso de lixado de mobles
·         Proceso de barnizado





d)     OBRADOIRO DE OCIO E TEMPO DE LECER
Obxectivos:
·         Coñecer o entorno que lle rodea (viaxes organizados pola Deputación de Pontevedra programa “Coñece a túa provincia)
·          Promover a integración social da residente co entorno (viaxes organizados polas parroquias e concellos do seu entorno para coñecer o norte de Portugal e alredores).

Actividades:
·         Paseos polo pobo da Guarda e alrededores.
·         Acudir as residentes a actos organizados polo pobo (festas locais organizadas polo concello, polos distintos organismos públicos e privados).

e)     OBRADOIRO DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA
Para tratar de rehabilitar e integrar ás beneficiarias que se atopan na Fundación Las Samaritanas de novo na sociedade, é necesario realizar unha estimulación cognitiva para activar as funcións cerebrais a través de distintos tipos de estimulación, esto favorece o desenvolvemento neuronal, e tamén infúe no seu estado de ánimo que mellora considerablemente. En xeral, mellora a saúde, entendida como o benestar psíquico, físico e social.
Os obxectivos son os seguintes:
  • Promover o desenvolvemento de benestar psíquico, físico y social
  • Preservar as funcións e retardar o deterioro
  • Descubrir e utilizar os seus propios recursos
  • Fortalecer os mecanismos de afrontamento de situacións difíciles para manter o equilibrio emocional.
E en canto ás metas, referímonos a:
  • Reducir síntomas de depresión e ansiedade
  • Estimular a comunicación, interacción  e relacións sociais
  • Fomentar o apoio social
  • Reducir a apatia
  • Mellorar e manter o grado de axilidade mental
  • Reforzar a autoestima e confianza en sí mesmas
  • Presentarlles exercicios nos que poidan desenvolver unha atención máis sostida y maior receptividade


Descripción da actividade
Este obradoiro baséase na combinación de actividades de estimulación, entrenamento e mantemento dos procesos cognitivos, sensoriais e socioafectivos de xeito global e non como funcións aisladas. Ademais, tamén se estimulan áreas de gran importancia: motivación, comunicación, creatividade, imaxinación, mediante exercicios con carácter lúdico.

f)       OBRADOIRO DE ALFABETIZACIÓN
Nestes obradoiros desenvolveránse as técnicas básicas de lectura e escritura, as cales lles proporcionaran unha mayor valorización persoal e novas habilidades para intentar desenrolarse co entorno, e intentar ser o máis independentes posibles como ler os nomes das rúas, estampar a súa sinatura….


h) OBRADOIRO DE COCIÑA TRADICIONAL GALEGA
Este obradoiro é do programa “Pensa en tí” subvencionado tódolos anos pola Deputación de Pontevedra, e trátase da realización dun curso na fundación cunha duración de 30 horas, e coa participación das usuarias e dos ciudadanos do concello da A Guarda e alredores.
Obxectivos:
·         Recuperar el sentimento de utilidade
·         Mellorar as relacións interpersonais
·         Fomentar o traballo en grupo
·         Promover a integración das usuarias cos ciudadanos do pobo
·         Dar a coñener a labor da fundación no pobo
·         Intentar conseguir unha maior autonomia persoal por parte das usuarias.
·         Coñecer a elaboración dos pratos típicos da nosa Comunidade Autónoma.
Actividades:
  • Elaboración de pratos típicos da nosa Comunidade Autónoma (filloas, leite frita, roscón, empanada galega, arroz con leite, empanadillas, cocido galego, orellas, etc.)




i) OBRADOIRO DE DECORACIÓN DE PALMAS
Este obradoiro é un curso organizado pola fundación, realizado na Asociación de Veciños do barrio e impartido pola presidenta do padroado e cunha duración de 25 horas, ó cal participan as usuarias e os ciudadanos do pobo.
Obxectivos:
·         Recuperar o sentimento de utilidade
·         Mellorar as relacións interpersonais
·         Fomentar o traballo en grupo
·         Promover a integración das usuarias cos ciudadanos do pobo.
·         Dar a coñecer a labor da fundación no pobo.
·         Participar nas festas locais (Domingo de Ramos).
Actividades:
  • Aprender a decorar palmas.

j) OBRADOIRO DE ACERCAMENTO ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS
Este obradoiro é impartido na fundación e dirixido ás usuarias da casa de acollida. Impártese tódalas semáns e o material informático utilizado no curso é todo completamente reciclado doutros organismos.
Obxectivos:
  • Intentar un acercacimiento as novas tecnoloxias, que en algunos casos é algo descoñecido para elas.
  • Despertar interés pola informática.
  • Rehabilitación cognitiva.
  • Ampliar coñecementos para una posible inserción laboral.
Actividades:
  • Aprender o teclado
  • Aprender a utilizar o ratón
  • Procesamento de textos.


k) OBRADOIRO DE SAÚDE
Neste obradoiro trátase da participación das usuarias (que cumpran cos requisitos) tódolos anos do Programa “Saúde e Benestar” e do Programa “Lúdico de Balnearios” subvencionado pola Deputación de Pontevedra.
Obxectivos:
  • Mellorar as súas doenzas
  • Liberación do estres
  • Promover a integración das usuarias cos ciudadanos dos alredores.
Actividades:
  • Consiste en pasar o ben unhas tardes o ben unhas mañas nos meses de setembro, ou outrubro, ou novembro; no Balneario Talaso Atlático de Baiona disfrutando das instalacions do mesmo en beneficio da súa saúde.

l) OBRADOIRO “APRENDENDO AS CANCIONS TRADICIONAIS”
Neste obradoiro trátase da participación das usuarias cunha profesora de guitarra e canto tódalas semáns, onde elas aprenden as cancións tradicionais galegas. Tódolos anos, no Nadal, o concello e voluntarios organizan un Festival en conmemoración da fundación, e as usuarias participan cantando varias cancións.
Obxectivos:
  • Despertar interese pola música
  • Recuperar o sentimento de utilidade
  • Fomentar o traballo en grupo
  • Promover a integración das usuarias cos ciudadanos do pobo.
  • Participar en actividades socio-culturais do concello